Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48871

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para o centro de día Sor Rosario Fernández Pereira.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 24 de setembro de 2019 aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para centro de día Sor Rosario Fernández Pereira, de iniciativa privada, segundo o proxecto redactado e asinado polo arquitecto Modesto Martínez Sienes con data do 17.7.2019.

De acordo co disposto no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 186.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da citada lei, sométese o expediente administrativo ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na páxina web do Concello de Gondomar.

Durante o dito prazo, que comezará a contarse desde a data de publicación do anuncio no DOG, o expediente administrativo quedará á disposición de calquera que desexe examinalo no Servizo de Urbanismo do Concello de Gondomar, así como na páxina web deste concello, para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas.

Notificarase individualmente a todas a persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións para centro de día.

De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o procedemento do outorgamento de licenzas de edificación e demolición en todo o ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións para centro de día Sor Rosario Fernández Pereira.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Darase cumprimento ao resto de trámites legalmente exixidos para alcanzar a aprobación definitiva do plan especial.

Gondomar, 1 de outubro de 2019

O alcalde
Iria Lamas Salgueiro
Concelleira de Urbanismo
P.D. (Resolución do 5.7.2019