Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48910

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 3 de decembro de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

En virtude da Resolución do 3 de decembro de 2018 (DOG nº 238, do 14 de decembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG nº 48, do 8 de marzo).

Posteriormente, a persoa aspirante que a seguir se relaciona presentou a súa renuncia aos seus dereitos de participación no referido proceso selectivo.

Tendo en conta o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Excluír da relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

***3405**

Losada González, Elena

Segundo. Incluír a dita persoa aspirante na relación definitiva de aspirantes excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, polo motivo 43 (desistencia da solicitude).

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública