Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48907

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 524, número 1, e 526, número 2, da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; no artigo 56 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e no Decreto da Xunta de Galicia 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia (DOG do 18 de maio), anúnciase a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo cuxa descrición e requisitos necesarios para o seu desempeño se especifican no anexo I desta convocatoria, de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Participantes

1. O posto de traballo que se convoca poderá ser solicitado por funcionarios de carreira pertencentes ao corpo de tramitación procesual e administrativa, calquera que sexa a súa situación administrativa, con excepción dos que se encontren nalgunha das situacións previstas no número 2, sempre que reúnan as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e os manteñan ata a resolución do concurso.

2. Non poderán tomar parte nesta convocatoria: a) os declarados suspensos en firme, mentres dure a suspensión; b) os funcionarios que se encontren en situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na dita situación; c) os sancionados con traslado forzoso, ata que transcorran un ou tres anos, se se trata dunha falta grave ou moi grave, respectivamente, para destino na mesma localidade na cal se lles impuxo a sanción.

Segunda. Presentación de solicitudes

Os interesados deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, cubertas cos datos que se piden nel, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, rúa Madrid, 2-4, 2ª planta, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e deberanse presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nas oficinas a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceira. Resolución e adxudicación de destino

A resolución desta convocatoria levarase a cabo mediante resolución da Dirección Xeral de Xustiza e o nomeamento efectuarase no prazo máximo de dous meses contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A persoa designada poderá ser cesada con carácter discrecional pola mesma autoridade que a nomeou.

Cuarta. Publicación da resolución

A resolución desta convocatoria publicarase no Boletín Oficial del Estado e poderase declarar deserta se se considera oportuno.

Quinta. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2019

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Posto

Centro xestor: Dirección xeral de Xustiza.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). Dirección. Santiago de Compostela (A Coruña).

Posto

Tipo de posto

Forma de provisión

Corpo

Complemento específico anual

Código do posto: XG9251810015770701.05

Secretario/a de dirección

Singularizado (S)

Libre designación (LD)

Tramitación procesual e administrativa

6.703,68 €

Características do posto:

Nome do posto: secretario/a de dirección.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Dirección.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: XG9251810015770701.05.

Corpo: tramitación.

Forma de provisión: libre designación.

Complemento específico: 6.703,68 €.

Complemento xeral do posto: 3.999,00 €.

ANEXO II

Solicitude de participación no concurso de libre designación para a provisión
do posto de traballo de secretario/a de dirección do Instituto de Medicina Legal
de Galicia

Datos da persoa solicitante

Nome:

Primeiro apelido:

Segundo apelido:

NIF:

Data de nacemento:

Enderezo:

Código postal:

Provincia:

Concello:

Teléfono:

Teléfono móbil:

Correo electrónico:

Posto actual/denominación:

Localidade/provincia:

Situación administrativa actual

Servizo activo

Outras con reserva de posto

� Si

� Non. Neste suposto, conteste no seguinte recadro.

Posto de traballo solicitado

Nome do posto

Código do posto

Localidade/provincia

1 secretario/a de dirección

XG9251810015770701.05

Santiago de Compostela (A Coruña)

Tipo de posto

Forma de provisión

Corpo

Singularizado

Libre designación

Tramitación procesual e administrativa

Méritos alegados