Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48904

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2019 pola que se convoca a xornada Actualización en materia de seguridade viaria.

A Academia Galega de Seguridade Pública anuncia a convocatoria da xornada «Actualización en materia de seguridade viaria», de acordo coas seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: actualización en materia de seguridade viaria.

Tipo: xornada.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 8.

Modalidade: presencial.

Contido:

– Incidencia no consumo de alcol e outras drogas nos accidentes de tráfico.

– Aspectos xurídicos da seguridade viaria tras a reforma introducida pola LO 2/2019, do 1 de marzo.

– As novas formas de mobilidade.

– A seguridade viaria e os medios de comunicación.

– A seguridade viaria en Galicia.

– Plan de seguridade viaria da Xunta de Galicia 2016-2020.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as.

Policía local, garda civil, policía nacional, UPA, protección civil e público interesado en xeral.

Prazas ofertadas.

Limitado á capacidade máxima.

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar na xornada convocada nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal. A non presentación da solicitude motivada implicará a exclusión do proceso.

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

e) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 24 de novembro de 2019.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden atopar no enderezo da internet http://agasp.xunta.es.

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax 886 20 61 22 ou do enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección.

Exclusivamente por orde de inscrición.

Listaxe de solicitudes seleccionadas.

O día 25 de novembro de 2019, a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: salón de actos da Agasp.

Data: 27 de novembro de 2019.

Horario: das 10.00 ás 19.00 horas.

Certificado de asistencia.

Ao finalizar a actividade entregaráselles un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a esta.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir a actividade formativa, ampliar novas edicións desta ou suspendela temporalmente, cando así o exixan circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 7 de novembro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública