Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48901

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 19 de xullo de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e outros contornos laborais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento BS403D).

A Consellería de Política Social convocou axudas para os anos 2019 e 2020, a través da Orde do 19 de xullo de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e outros contornos laborais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 156, do 20 de agosto).

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 10 da Orde do 19 de xullo de 2019, e no artigo 11 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 11 da Orde do 19 de xullo de 2019 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, considerarase que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 17 da Orde do 19 de xullo de 2019, pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 12 da Orde do 19 de xullo de 2019, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non estean debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Planificación para o Impulso Demográfico a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2019

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403D 2019/1-0

Entidade Urbanística de Conservación A Granxa

G36381929

1. Documentación acreditativa da dispoñibilidade dos terreos durante, cando menos, o período mínimo de permanencia da actividade subvencionada.

BS403D 2019/4-0

Asociación Área Empresarial do Tambre

G15037112

1. Anexo I debidamente cuberto en todas as epígrafes: non constan os datos da escola infantil que se vai construír nin os datos da previsión de gastos.

2. Certificación acreditativa, asinada polo/a representante da entidade solicitante, de que no orzamento da entidade existe crédito para cofinanciar a contía correspondente.

3. Memoria urbanística xustificativa da viabilidade dos investimentos propostos coa situación xurídica, catalogación e permisos dos usos dos terreos.

4. Certificado ou informe municipal sobre as actividades da zona e a súa compatibilidade coa escola infantil 0-3.

5. Estudo do número mínimo de nenos e nenas potenciais usuarios.

6. Plan de viabilidade que permita a posta en funcionamento e o mantemento do centro durante un mínimo de 5 anos.

BS403D 2019/5-0

Confraría de pescadores de Malpica

G15031511

1. Anexo I debidamente cuberto en todas as epígrafes.

2. Acreditación da personalidade da entidade solicitante.

3. Documentación acreditativa de dispoñibilidade dos terreos durante, cando menos, o período mínimo de permanencia da actividade subvencionada.

4. Certificación acreditativa, asinada polo/a representante da entidade solicitante, de que no orzamento da entidade existe crédito para cofinanciar a contía correspondente.

5. Memoria urbanística xustificativa da viabilidade dos investimentos propostos coa situación xurídica, catalogación e permisos dos usos dos terreos.

6. Certificado ou informe municipal sobre as actividades da zona e a súa compatibilidade coa escola infantil 0-3.

7. Estudo do número mínimo de nenos e nenas potenciais usuarios.

8. Plan de viabilidade que permita a posta en funcionamento e o mantemento do centro durante un mínimo de 5 anos.

9. Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias emitido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (artigos 13.1.g) e 21.1.k).