Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 15 de novembro de 2019 Páx. 48900

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

DECRETO 146/2019, do 24 de outubro, polo que se concede o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago na categoría institucional ao Consello de Europa.

En atención ao labor de divulgación, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago e dos valores xacobeos, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, é vontade do Goberno galego outorgar esta alta distinción á institución que se indica a seguir.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de outubro de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Concederlle o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago na categoría institucional ao Consello de Europa.

Santiago de Compostela, vinte e catro de outubro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo