Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 568/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Cristina Núñez Sánchez, no procedemento de despedimento rexistrado co número 568/2019, se acordou citar a demandada JML de Economía, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa; polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 25 de novembro de 2019, ás 11.55 e ás 12.00 horas, respectivamente, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que está á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a JML de Economía, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza