Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial PS-6, área de usos complementarios, en desenvolvemento do Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), no concello de Vigo.

De conformidade co previsto no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información publica durante o prazo dun mes o proxecto sectorial PS-6, área de usos complementarios, en desenvolvemento do Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA, no concello de Vigo.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_SX_de_Organizacion_do_Territorio_e_Urbanismo?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html, e presentar as alegacións, documentos e xustificacións que se consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo