Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 785/2016-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 785/2016 por instancia de Rocío Pena Ameneiro contra Lacados La Grela, S.L. e outros, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou a Sentenza do 23 de outubro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Desestímase a demanda interposta por Rocío Pena Ameneiro contra Lacados La Grela, S.L. e Pablo Nogueira Freire (desistido), con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Absólvese Lacados La Grela, S.L. das pretensións exercidas contra ela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Lacados La Grela, S.L. e Pablo Nogueira Freire, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza