Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do período de información e actuacións previas no expediente sancionador IN635C/2019/136-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o período de información e actuacións previas no expediente sancionador por infracción en materia de industria, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 11 de novembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C/2019/136-4.

Persoa interesada:

DNI: 36043965K.

Acto notificado: período de información e actuacións previas no expediente sancionador.