Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa previa e de construción da ampliación de potencia da subestación do Barco 132/15 kV, coa instalación do novo trafo de potencia T-II 30 MVA, no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2019/34-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción para a seguinte instalación eléctrica:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: subestación do Barco, ampliación de potencia T-II 132/15 kV 30 MVA.

Situación: O Barco de Valdeorras (Ourense).

Características técnicas: substitución do actual transformador de potencia T-II (avariado) –expediente 926-AT–, por un novo transformador de potencia trifásico 132/15 kV de 30 MVA de potencia aparente, con grupo de conexión Yd11; o equipamento permite a regulación en carga no lado de alta e dispón de sistema de refrixeración do tipo ONAN, estará provisto de bornas convencionais en 132 kV e pfisterer en 15 kV; a conexión realizarase á cela do edificio existente mediante dúas ternas de cables unipolares RHZ1-2OL(S) 12/20 kV Cu 1×630 mm²+H16. Os servizos auxiliares da subestación e a aparamenta asociada non se ven modificados pola citada actuación.

Orzamento: 538.697,81 €.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 31 de outubro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense