De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 11 de novembro de 2019
José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
CON-PO-0258/2019 |
Asunción Cancelas Nogueira |
Resolución |
O xefe territorial |
PES-PO-0015/2019 |
Roberto Lusquiños Gómez |
Resolución |
O xefe territorial |
ANP-PO-0054/2019 |
Verónica Isabel Marihuen Espinoza |
Incoación |
O xefe territorial |
ANP-PO-0059/2019 |
Diego Felipe Olivares Marihuem |
Incoación |
O xefe territorial |
ANP-PO-0062/2019 |
Mario Rodríguez Ramilo |
Incoación |
O xefe territorial |
ANP-PO-0063/2019 |
Paula Castro Gómez |
Incoación |
O xefe territorial |
ANP-PO-0066/2019 |
Jorge Rodríguez Fernández |
Incoación |
O xefe territorial |