Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49610

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1126/2016).

Eu, María del Socorro de Álvaro Prieto, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos de procedemento ordinario 1126/2016 consta Sentenza 42/2018, do 10.5.2018, cuxo encabezamento e resolución, literalmente, se transcriben a seguir:

«Sentenza

A Coruña, 10 de maio de 2018.

Vistos polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña, Luis Pérez Merino, os presentes autos de xuízo ordinario 1126/2016-N, seguidos por instancia da entidade Portanova de Bergantiños, S.L., representada pola procuradora María Natalia Teruel Sanjurjo, asistida polo letrado Juan Ramón Rojo de Castro, contra Puertas Macris, S.C., Serafín José Álvarez Villar e Antonio Pérez Varela, declarados en rebeldía procesual.

Resolvo

Que, estimando substancialmente a demanda presentada pola procuradora Sra. Teruel Sanjurjo, en nome e representación de Portanova de Bergantiños, S.L., debo condenar e condeno a demandada Puertas Macris, S.C. a que aboe á demandante a cantidade de quince mil novecentos vinte e dous euros con noventa e tres céntimos (15.922,93 euros), máis os xuros legais correspondentes computados desde a data de presentación da demanda inicial de xuízo monitorio; e con carácter subsidiario, condénanse nos mesmos termos os demandados Serafín Álvarez Villar e Antonio Pérez Varela, en proporción á cota de participación do cincuenta por cento de ambos os socios na dita sociedade. Con imposición de custas aos demandados.

Así, por esta miña sentenza, contra a cal se poderá interpor recurso de apelación mediante escrito presentado ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito. Expídese este edicto.

A Coruña, 14 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza