Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49670

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 14 de novembro de 2019 pola que se renova a composición do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 10 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, creou o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia como órgano de carácter consultivo e de apoio a toda a comunidade educativa no que se refire á convivencia escolar.

O dito Consello estará presidido, de conformidade co artigo 10.3 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, pola persoa titular da consellería con competencias en materia de educación.

De acordo co establecido no artigo 10.10 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, o nomeamento das persoas integrantes do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia será competencia da persoa titular da consellería con competencias en materia de educación, por proposta das organizacións, dos órganos, dos centros e das institucións ás que pertenzan os seus membros, por un período de dous anos a partir da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e renovable por dous máis. No caso de que un dos seus membros perdese a súa representatividade será designada unha persoa substituta conforme o sinalado nesta epígrafe, e polo tempo que lle restaba no exercicio do cargo ao anterior.

O 22 de abril de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 16 de abril de 2015 pola que se nomean os membros do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, que foi modificada pola Orde do 19 de abril de 2016. Transcorrido o prazo previsto no artigo 10.10 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, procede renovar a súa composición.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Membros do Pleno do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia

Nomear membros do Pleno do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta das organizacións, dos órganos, dos centros e das institucións ás que pertenzan os seus membros, ás persoas que se relacionan a continuación:

1. Vicepresidencia: Manuel Corredoira López. Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

2. Vogalías:

a) As persoas titulares das restantes direccións xerais e secretarías xerais da consellería con competencias en materia de educación vinculadas á mencionada área, ou as persoas nas cales deleguen:

José Manuel Pinal Rodríguez. Director xeral de Centros e Recursos Humanos.

José Alberto Díez de Castro. Secretario xeral de universidades.

b) A persoa titular da secretaría xeral técnica da consellería con competencias en materia de educación, ou a persoa en quen delegue:

Jesús Oitavén Barcala. Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

c) A persoa responsable da xefatura territorial da consellería con competencias en materia de educación de cada provincia, ou a persoa en quen delegue:

Indalecio Cabana Leira. Xefe territorial da Coruña. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

María Carmen Gueimunde González. Xefa territorial de Lugo. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

María Luz Fernández Quintas. Xefa territorial de Ourense. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

César A. Pérez Ares. Xefe territorial de Pontevedra. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

d) Catro persoas con rango de director/a xeral ou secretario/a xeral, representantes das consellerías competentes en materia de xustiza, sanidade, benestar e igualdade, ou as persoas nas cales deleguen:

Blanca García-Señoráns Álvarez. Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

Alberto Fuentes Losada. Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade.

Amparo González Méndez. Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Susana López Abella. Secretaria xeral de Igualdade.

e) Unha persoa representante do Consello Escolar de Galicia:

Fernando do Pozo Andrés. Vicepresidente do Consello Escolar de Galicia.

f) Unha persoa representante da Federación Galega de Municipios e Provincias:

Cesar Longo Queijo.

g) Unha persoa representante da Xunta Autonómica de Directores de Centros Educativos:

María Soledad Louro Lestón.

h) Dúas persoas representantes das confederacións de asociacións de pais e nais, unha delas de centros educativos públicos e outra de centros educativos privados concertados:

Ana Sanclaudio Luhía. Representante das Confederacións de pais e nais de centros públicos.

Mª José Mansilla Chao. Representante das Confederacións de pais e nais de centros privados.

i) Unha persoa representante por cada organización sindical con representación na mesa sectorial docente:

Julio C. Trahorras de la Fuente. Representante de ANPE Galicia.

José Manuel Fuentes Fariña. Representante de CC.OO Ensino.

Antonia Martínez Díaz. Representante de CIG Ensino.

Paula Carreiro Prieto. Representante de FESP-UGT Galicia.

j) Unha persoa representante da patronal dos centros de ensino privados concertados:

Belén Costa Rodríguez.

k) Dúas persoas de recoñecido prestixio no ámbito da convivencia escolar:

José Antonio Gay García.

Francisco Ramón Durán Villa.

3. Secretaría: unha persoa funcionaria da consellería con competencias en materia de educación, que actuará como a secretaria ou o secretario, con voz e sen voto.

Juan Carlos Varela Vázquez.

Artigo 2. Duración do mandato

O mandato, segundo o disposto no artigo 10.10 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, será por dous anos a partir da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, renovable por dous anos máis, sen que poida exceder os catro, sen prexuízo do establecido na disposición adicional única.

Artigo 3. Substitución por perda de representatividade

No caso de que un dos seus membros perdese a súa representatividade será designada unha persoa substituta conforme ao sinalado nesta epígrafe, e polo tempo que lle restaba no exercicio do cargo ao anterior.

Disposición adicional única. Nomeamento inferior a dous anos por razóns de representatividade

No caso de persoas representantes das confederacións de pais e nais de alumnado de centros públicos, ao non existir unha proposta conxunta das diversas confederacións, o nomeamento será por un ano e terá carácter rotatorio, comezando pola persoa que figura no artigo 1.2.h).

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional