Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50043

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Mediante a Resolución do 8 de maio de 2019 (DOG núm. 94/2019, do 20 de maio), convocouse un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A base VIII da convocatoria, relativa á Comisión de Valoración, establece no seu punto primeiro que «a valoración dos méritos alegados polas persoas concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada pola comisión de valoración que prevé o artigo 12 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, coa composición establecida nel».

A dita base VIII, no seu punto cuarto, dispón que «unha vez efectuada a proposta de valoración provisional dos méritos esta farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda».

En consecuencia, á vista da proposta da Comisión de Valoración con data do 5 de novembro de 2019, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as puntuacións provisionais obtidas para cada un dos postos solicitados polas persoas concursantes admitidas. Esta información atópase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O dito escrito deberá especificar o punto ou puntos da base V sobre os que se formula a reclamación, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia e deberá presentarse no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais e/ou oficinas comarcais da dita consellería, ou nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública