Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50045

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

Mediante a Resolución do 21 de maio de 2019 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 3 de xuño) convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria.

Mediante a Resolución do 16 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 26 de setembro) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e que se publicará para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa dita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas por categoría, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes que xulgarán o proceso selectivo para o acceso ás categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria que se relacionan no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Odontólogo/a de atención primaria

Presidente/a titular

Mohedano Mira, Mª de los Ángeles

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Secretario/a titular

Negreira Vidal, Silvia

Funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal titular

Sampayo López, Carlos

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Vogal titular

Vázquez García, Mª Emma

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Vogal titular

Rodríguez Vázquez, Luis Miguel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Presidente/a suplente

Guldrís Vázquez, Ana

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Secretario/a suplente

Díaz López, Manuel

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal suplente

Pose Nieto, Ángel Darío

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Vogal suplente

Núñez Orjales, José Luis

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Vogal suplente

Vázquez González, Antonio

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Pediatra de atención primaria

Presidente/a titular

Martínez Abad, Pablo

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Secretario/a titular

Potel Villar, Daniel

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal titular

Landín Iglesias, Gloria

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Vogal titular

Torre Rodríguez, Mª Inmaculada

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Vogal titular

Campuzano Martín, Samuel Héctor

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Presidente/a suplente

Vila Alonso, Margarita

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Secretario/a suplente

Enríquez Morales, Javier

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Pernas Gómez, Patricia

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Vogal suplente

Amigo Ferreiro, Mª Elena

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Vogal suplente

Pons García, Jorge

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria