Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50058

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomea o tribunal cualificador no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

Mediante a Resolución do 21 de maio de 2019 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 3 de xuño) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Mediante a Resolución do 16 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 26 de setembro) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que o/s tribunal/is cualificador/es do concurso-oposición, será/n nomeado/s pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e que se publicará para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa dita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as por cada unha das quendas de acceso, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas por quenda, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (vías de acceso libre-promoción interna e discapacidade xeral)

Presidente/a titular

Carro Munín, Natalia

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Secretario/a titular

Castro Seijas, Mercedes

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Fuentes Rodríguez, José Carlos

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Vogal titular

Fernández Rial, José Miguel

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Vogal titular

Luaces Castelo, Marina

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Presidente/a suplente

Raña Sánchez, Ana Belén

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Secretario/a suplente

García Caeiro, Javier

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal suplente

López Revilla, Juan Antonio

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Vogal suplente

López Carrín, Jorge Javier

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Vogal suplente

Curras Pereira, Jesús

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (vía de acceso discapacidade intelectual)

Presidente/a titular

Sayáns Liste, Rubén

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Secretario/a titular

Rúa Moure, Mª Jesús

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Souto Souto, Elena

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Vogal titular

Vila Gómez, Rosa Elena

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Vogal titular

Gil Miranda, Eugenio

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Presidente/a suplente

Rodríguez Graña, José

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Secretario/a suplente

Enríquez Morales, Javier

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

De Rojas Silva, Juan

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Vogal suplente

Barril González, Javier

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Vogal suplente

García Moure, Mª Ángeles

Persoal estatutario sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría