Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50054

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019.

Mediante a Resolución do 3 de maio de 2019 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio), convocouse concurso-oposición para o ingreso como enfermeiro/a especialista nas especialidades de enfermaría de saúde mental, enfermaría do traballo, enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría obstétrico-xinecolóxica e enfermaría pediátrica.

Mediante a Resolución do 16 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 26 de setembro) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega en cada unha destas especialidades.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e que se publicará para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa dita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo e por especialidade, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista das especialidades de enfermaría de saúde mental, enfermaría do traballo, enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría obstétrico-xinecolóxica e enfermaría pediátrica, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019.

As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas por especialidade, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan, para cada especialidade, no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental

Presidente/a titular

Valcárcel López, María Mar

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista de saúde mental

Secretario/a titular

Sampedro Morandeira, José Luis

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Montero Cibrián, José Ramón

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista de saúde mental

Vogal titular

Fernández Hermida, Mª Mercedes

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista de saúde mental

Vogal titular

González García, Amparo

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista de saúde mental

Presidente/a suplente

García-Luengo Álvarez, Susana

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista de saúde mental

Secretario/a suplente

López López, Manuel José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Alcántara Elena, Pablo Alberto

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista de saúde mental

Vogal suplente

Nieto Araújo, María

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista de saúde mental

Vogal suplente

Sierra López, Ana Rosa

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista de saúde mental

Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo

Presidente/a titular

Monasterio Otero, Adolfo Alejandro

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo

Secretario/a titular

Morán Losada, Francisco

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Vázquez Fidalgo, Juan José

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo

Vogal titular

González Sieiro, Mª Dolores

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo

Vogal titular

Muñoz López, Horacio Antonio

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo

Presidente/a suplente

Barredo Armada, Manuel

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Secretario/a suplente

García Souto, Jorge

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Maceira Galarza, Gonzalo

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal suplente

Poses Sobral, Eugenio

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal suplente

Millán Fernández, Mercedes

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria

Presidente/a titular

Ares Martínez, Ana

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Secretario/a titular

Díaz López, Manuel

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal titular

Barciela Garrido, Mª Jesús

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal titular

Martín Sánchez, Mª Isabel

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal titular

Otero Castro, Ángeles

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Presidente/a suplente

López Ramos, Paloma

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Secretario/a suplente

López Suárez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Díaz Mosquera, Fátima

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal suplente

Martínez Varela, Soledad Mercedes

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal suplente

Rodríguez Paz, Mª Guadalupe

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía

Presidente/a titular

Canosa Hermida, Susana Mª

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía

Secretario/a titular

López Suárez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Barreiro Lage, Judith

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía

Vogal titular

Aliaga Sola, Alberto

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía

Vogal titular

Conde García, Marta

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía

Presidente/a suplente

Busto Fernández, Eva Mª

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía

Secretario/a suplente

Potel Villar, Daniel

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal suplente

Escudero Millos, Vanesa

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía

Vogal suplente

Nieto Bernárdez, César

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía

Vogal suplente

Estévez Rial, Hermelinda

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía

Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica

Presidente/a titular

Quintáns Lago, Mª Salomé

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Secretario/a titular

García Souto, Jorge

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Rivera Rodríguez, Mª Elvira

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal titular

Del Olmo Mosquera, Mª Teresa

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal titular

González Pérez, Mª del Portal

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Presidente/a suplente

García Juan, María Carmen

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Secretario/a suplente

Morán Losada, Francisco

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

González Carballo, Eva Mª

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal suplente

Acción Rodríguez, Mª Jesús

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a

Vogal suplente

Bugarín Puime, Mª Jesús

Persoal estatutario diplomado sanitario

Enfermeiro/a