Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50051

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomea o tribunal cualificador no concurso-oposición para o ingreso na categoría de fisioterapeuta, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019.

Mediante a Resolución do 3 de maio de 2019 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de fisioterapeuta.

Mediante a Resolución do 16 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 26 de setembro) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición, único para a categoría, será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e que se publicará para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa dita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de fisioterapeuta, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019.

A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes que xulgarán o proceso selectivo para o acceso á categoría de fisioterapeuta e que se relacionan no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Fisioterapeuta

Presidente/a titular

Salanguera Busto, Eva

Persoal estatutario diplomado sanitario

Fisioterapeuta

Secretario/a titular

Andrade Suárez, Paz

Funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal titular

Corderí Rodríguez, Carlos Alberto

Persoal estatutario diplomado sanitario

Fisioterapeuta

Vogal titular

Pintos Pérez, Luis

Persoal estatutario diplomado sanitario

Fisioterapeuta

Vogal titular

Seca López, Mª Isabel

Persoal estatutario diplomado sanitario

Fisioterapeuta

Presidente/a suplente

Amor Ozores, Divina

Persoal estatutario diplomado sanitario

Fisioterapeuta

Secretario/a suplente

Sampedro Morandeira, José Luis

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Chamorro Comesaña, Antonio

Persoal estatutario diplomado sanitario

Fisioterapeuta

Vogal suplente

Iglesias Rodal, Camilo

Persoal estatutario diplomado sanitario

Fisioterapeuta

Vogal suplente

Vázquez Fernández, Rubén

Persoal estatutario diplomado sanitario

Fisioterapeuta