Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50083

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 73/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 73/2018 deste xulgado do social se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 73/2018, en que son parte, como demandante, Tania Vanessa Precedo Sánchez, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro, e, como demandadas, Papelería Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L. e Lubián Xestión Inmobiliaria, S.L., que non comparecen malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, no nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Tania Vanessa Precedo Sánchez contra Papelería Xiz, S.L., Sieira & Sieira, S.L. e Lubián Xestión Inmobiliaria, S.L. e, en consecuencia, condénanse solidariamente as demandadas a lle aboaren á demandante a cantidade de 7.700,75 euros. Son de aplicación os xuros por mora do 10 %.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, contra a cal cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se efectúe a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta bancaria aberta a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga contar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Sieira & Sieira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza