Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50069

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (502/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 502/2017 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Limpiezas el Polígono, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante, María Esther Rega Baldomir, presentou en data 24.5.2017 demanda, que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse para a celebración do acto de xuízo o día 10.10.2019 e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na correspondente gravación audiovisual. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolución:

Que estimando a demanda interposta por María Esther Rega Baldomir contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., a condeno a que lle aboe a cantidade de dous mil catrocentos euros (2.400 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta é firme.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza