Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50067

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (MPD 260/2019).

Medidas provisionais previas á demanda 260/2019

Sobre medidas provisionais

Interveniente, demandante: Ministerio Fiscal, Rosalía Díaz

Procuradora: Ana María López Calvete

Demandado: Rafael Antonio Franco Tunjano

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Auto número 490/19.

Xuíza/maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 24 de abril de 2018.

Antecedentes de feito.

I. A procuradora Sra. López Calvete, en nome de Rosalía Díaz, presentou escrito fronte a Rafael Antonio Franco Tunjano en que se solicitaba que se acordasen determinadas medidas provisionais coetáneas á demanda de garda, custodia e alimentos de fillo menor.

II. Vista a solicitude realizada, este xulgado acordou citar as partes e o Ministerio Fiscal a unha comparecencia para celebrar o 3.4.2018 neste xulgado, que tivo que suspenderse por ser negativa a citación. Realizouse indagación de domicilio, sen que conste outro distinto e sinalouse novamente para o 23.4.2019, mediante edictos.

III. Presentes as partes (non o demandado) no día e hora sinalado para a comparecencia, practicáronse as probas pedidas polas partes que se estimaron pertinentes e útiles, así como a que acordou de oficio este tribunal.

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Atribúese a garda e custodia do fillo menor de idade F. (9.6.2009) á demandante.

2. Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

3. Suspéndese o réxime de visitas que Rafael Antonio Franco Tunjano puidese ter co seu fillo F.

4. En concepto de alimentos a favor do seu fillo, establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data un de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros.

5. Atribúese o uso e desfrute do domicilio que fora familiar ao menor e á súa nai, baixo cuxa custodia queda.

Ponse de manifesto ás partes que as medidas acordadas nesta resolución só subsistirán se dentro dos 30 días seguintes á súa adopción se presenta a demanda correspondente.

Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC en relación co artigo 771.4 da LAC, indícase que a presente resolución é firme e que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Acórdao, mándao e asínao Laura Guede Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta cidade.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Rafael Antonio Franco Tunjano, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 24 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza