Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 343/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 343/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis López Martínez contra a empresa Agro Vivo, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo admitir a trámite a demanda presentada e en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 20.1.2020 ás 11.30 horas na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda; advertindo igualmente a parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía. Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS. Respecto da práctica de medios de proba solicitados pola parte demandante, José Luis López Martínez, paso a dar conta á súa señoría para que resolva sobre a súa admisión, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS. Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Para que sirva de notificación en legal forma a Agro Vivo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza