Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 226/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 226/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Méndez García contra Sariconstrunor, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza número 454/2019, do 19 de setembro, ditada no procedemento PO 2/2017 a favor da parte executante, José Antonio Méndez García, contra Sariconstrunor, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 1.739,90 euros en concepto de principal (1.277,28 euros en concepto de cantidades debidas máis 462,62 euros en concepto de xuro legal) máis outros 173,99 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Sariconstrunor, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, José Antonio Méndez García, e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince (15) días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Sariconstrunor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza