Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (RSE 38/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de salarios tramitación cargo Estado 38/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de López Calo, S.L. contra a empresa Ministerio de Xustiza-Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, Juan Amador Ticona Talaverano, sobre salarios tramitación cargo Estado, ditouse a seguinte resolución, cuxa resolución di:

«Resolvo que estimando parcialmente a demanda interposta por López Calo S.L., contra o Ministerio de Xustiza-Dirección Xeral de Relacións coa Administración de xustiza e contra Juan Amador Ticona Talaverano, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro o dereito da mercantil López Calo, S.L. a que lle sexan reintegrados polo Estado os salarios de tramitación aboados ao traballador Juan Amador Ticona Talaverano desde o día seguinte ao transcurso dos 90 días posteriores á presentación da demanda por despedimento a instancias de Juan Amador Ticona Talaverano ante este Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela en autos de despedimento número 883/2011, así como as cotizacións á Seguridade Social por igual período e ata a notificación do auto de aclaración da sentenza ditada nos referidos autos.

2. En consecuencia, debo condenar e condeno os demandados a aterse á anterior declaración, e condeno a administración demandada, Ministerio de Xustiza-Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza a aboalo á mercantil demandante López Calo, S.L. a suma de 11.369,80 euros en concepto de salarios de tramitación a cargo do Estado (percibidos desde o 3.5.2012 ata o día 17.1.2013) e a suma de 2.422,78 euros en concepto de devolución de cotizacións á Seguridade Social (do período de 3.5.2012 a 17.1.2013) en relación coa sentenza de despedimento recaída no procedemento de despedimento número 883/2011 seguido ante este xulgado; máis os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte o da súa notificación.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Juan Amador Ticona Talaverano, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza