Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO da oferta de emprego público 2019.

Con data do 31 de outubro de 2019, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, adoptou o seguinte acordo de aprobación da oferta de emprego público 2019 (expediente 959/2019):

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2019, que contén os seguintes postos de traballo:

– Funcionarios de carreira.

Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo. Acceso: provisión por promoción interna e concurso-oposición.

– Persoal laboral fixo.

Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015: asimilado a agrupación profesional. Número de vacantes: 1. Denominación: conserxe-coordinador. Acceso: libre e concurso-oposición.

Segundo. Publicar a oferta de emprego de 2019 no taboleiro de anuncios do concello, así como na sede electrónica deste concello, no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución desta oferta de emprego do exercicio 2019 dentro do prazo improrrogable de tres anos, que se contará desde a data de publicación.

Caldas de Reis, 4 de novembro de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde