Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de outubro de 2019 polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.W27.65460 e dous máis.

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución dos expedientes de autorización de clave DH.W27.65460 e dous máis, que se indican no anexo.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes atópanse á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Comunícaselles que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

clave

DNI/NIE do interesado

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W27.65460

33683559J

30.8.2019

Favorable

DH.B36.62239

35242236A

16.7.2019

Favorable

DH.W15.58146

76352395P

30.9.2019

Desistencia