Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de outubro de 2019 polo que se notifica a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais DH.D15.64269.

A persoa titular da Xefatura da Área de Verteduras de Augas de Galicia ditou a proposta de resolución do expediente sancionador DH.D15.64269, por infracción da normativa en materia de verteduras de augas residuais.

Intentada a notificación da proposta de resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a proposta de resolucións ditada á persoa interesada, titular do NIF 76358468D.

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, en Santiago de Compostela. Comunicáselle que en relación coa proposta de resolución sancionadora, cabe presentar alegacións perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia no prazo de quince (15) días contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. No caso de non presentar alegacións, procederase a ditar resolución segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia