Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50318

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (22/2018).

Eu, María Jesús Pérez Fernández, letrada da Administración de Xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal 22/2018 seguido por instancia de Rubén Rodríguez Valeiras, fronte a Yoselin Rosario Mora, Franklin Sosa Sosa, Francecheska Joseline Sosa Rosario, ditouse sentenza e auto de aclaración, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xuízo verbal 22/2018.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2018

Sentenza:

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, os autos de xuízo verbal tramitados co nº 22/2018, nos que interviñeron como demandante Rubén Rodríguez Valeiras, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Alfonsín Somoza e asistido polo letrado Sr. Rodríguez Valeiras, e como demandados Francheska Joselin Sosa Rosario, representada polo procurador dos tribunais Sra. Sánchez Millán e asistida polo letrado Sr. Gendra Picón, e Franklin Sosa Sosa e Yoselin Antonia Rosario Mera, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións

Dispoño:

Estimar a demanda interposta por Rubén Rodríguez Valeiras fronte a Franklin Sosa Sosa, Yoselin Antonia Rosario Mora e Francheska Joselin Sosa Rosario e, en consecuencia, condénanse os demandados a aboar solidariamente á demandante a suma de 2.500 euros máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda, todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a súa ulterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino.

Auto:

Xuíza/maxistrada xuíza.

Sra. Ana Belén López Outeiro.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019

Antecedentes de feito:

Único. No presente procedemento ditouse sentenza, con posterioridade á sinatura da referida resolución, advertiuse un erro na data da sentenza, en concreto, onde pon 2018 debe poñer 2019.

Parte dispositiva:

Acordo:

Aclarar a sentenza ditada no sentido de que no encabezamento desta debe constar. «En Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2019».

E para que sirva de notificación en forma aos demandados Yoselin Rosario Mora e Franklin Sosa Sosa, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino o presente edicto.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019