Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50320

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (DIH 1776/2011).

Neste órgano xudicial tramítase división de herdanza 1776/2011, seguida por instancia de Miguel Ángel Yáñez López, representado pola procuradora Sra. García García, representación que leva a cabo en virtude correspondente de oficio, sobre división da herdanza dos causantes Daniel López Sández e Francisca García Rodríguez, na cal constan os seguintes particulares:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María José Vázquez Álvarez.

Sarria, vinte de febreiro de dous mil dezanove.

Antecedentes de feito

Primeiro. O contador José Soto Carballada presentou as operacións divisorias nas presentes actuacións para a división da herdanza dos finados Daniel López Sández e Francisca García Rodríguez, para cuxo labor fora designado.

Segundo. Das devanditas operacións divisorias deuse traslado aos interesados na herdanza, facéndolles saber que no prazo de dez días poderían formular oposición a elas.

Terceiro. A procuradora Sra. López Vila, en nome e representación de Teresa López López, formulou no tempo e na forma oposición ás operacións particionais.

Cuarto. Convocadas as partes á comparecencia que sinala o artigo 787 da LAC, a representación procesual de Teresa López López desiste do escrito de oposición ás operacións particionais.

Fundamentos de dereito

Único. Establece o artigo 787.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil (LAC) que, pasado o prazo sinalado aos interesados para se poderen opor ás operacións divisorias sen presentar a posición ou manifestando expresamente a súa conformidade a elas, o letrado da Administración de xustiza ditará decreto que aprobe as operacións divisorias e mande protocolizalas, que é o sucedido no presente caso.

Parte dispositiva

Acordo:

1. Aprobar as operacións divisorias da herdanza dos finados Daniel López Sández e Francisca García Rodríguez, realizadas polo contador José Soto Carballada, as cales se protocolizarán na Notaría de Sarria.

2. Deixar certificación da presente resolución nos autos e levar o orixinal á carpeta correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpor recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito no cal se deberá citar a infracción en que a resolución incorrese.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se resolveu (art. 454.bis da LAC).

Para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, co nº 6103-2313-0000, da entidade Banco Santander. Salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o acordo e asino. Dou fe. A letrada da Administración de xustiza».

E para que lles sirva de notificación na forma aos posibles herdeiros de Gloria López García, veciña que foi de Lugo, rúa Doutor Ochoa 19-3º, expido e asino este edicto, do que terán as copias á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Sarria, 30 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza