Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50569

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 25 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se procede á súa convocatoria plurianual (2019 a 2022).

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou a Orde do 25 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se procede á súa convocatoria plurianual (2019 a 2022) no Diario Oficial de Galicia núm. 189, do 4 de outubro de 2019.

Segundo o artigo 4.4 da dita Orde do 25 de setembro, de producirse remanentes nunha aplicación orzamentaria, poderanse reasignar as contías sobrantes na outra, logo das modificacións orzamentarias pertinentes.

En consonancia co parágrafo anterior, o artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que a alteración da distribución entre os créditos consignados non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Estas axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e, unha vez revisadas todas as solicitudes e tendo en conta os posibles beneficiarios, constátase que non existe crédito suficiente, para a anualidade 2022 na aplicación 2019.09.40.324C.481.6 e, pola contra, existe un remanente de crédito na aplicación 2019.09.40.324C.470.6, motivo polo cal procede reasignar os créditos consignados na convocatoria.

Por todo o exposto e co fin de atender todas as solicitudes presentadas no programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual en centros especiais de emprego,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 25 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego, redistribuíndo o crédito asignado en cada aplicación orzamentaria para a anualidade 2022 e sen variar o orzamento inicial.

Minórase a aplicación 2019.09.40.324C.470.6 polo importe de 4.308,25 euros e increméntase a aplicación 2019.09.40.324C.481.6 polo mesmo importe de 4.308,25 euros.

Unha vez feitas as modificacións orzamentarias, os créditos da orde quedan distribuídos do seguinte xeito:

Anualidade

Aplicación orzamentaria 09.40.324C.470.6

Aplicación orzamentaria 09.40.324C.481.6

Orzamento convocatoria

2019

150.000,00

20.000,00

170.000,00

2020

659.000,00

91.000,00

750.000,00

2021

902.000,00

128.000,00

1.030.000,00

2022

915.691,75

134.308,25

1.050.000,00

Total

2.626.691,75

373.308,25

3.000.000,00

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego