A Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 11 de marzo) pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2019 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, establece as bases e o procedemento para a adxudicación dos premios nas modalidades A e B.
Unha vez realizada a valoración dos proxectos de empresa presentados pola comisión avaliadora, designada conforme o procedemento establecido na orde de convocatoria, publicada a proposta provisional de adxudicación dos premios para as modalidades A e B da convocatoria, vista a acta coa proposta definitiva da comisión avaliadora e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,
DISPOÑO:
Primeiro. Conceder os premios aos proxectos de empresa seleccionados no concurso Eduemprende Idea 2019, nas modalidades A e B, que figuran no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo establece o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional
anexo
| Modalidade | Premio | Proxecto | Autoría | Centro educativo | Puntuación | Importe | 
| A | 1º | Biofroita | Rebeca Poces Piñeiro Olga Parshakova Ángela Fernández Gómez | CIFP Paseo das Pontes | 366 | 3.000 € | 
| A | 2º | Fungal Materials | Inda Alvarado Pérez Karlos Martín Sánchez Marcos Daporta González José Ramón Mosquera Ríos | IES Fernando Wirtz Suárez | 364 | 2.000 € | 
| A | 3º | Systerra | Sara González Núñez Rubén Lino Mandado Andrés Abal Aldao Daniel Sotelo Pérez | IES de Rodeira | 332 | 1.000 € | 
| Modalidade | Premio | Proxecto | Autoría | Centro educativo | Puntuación | Importe | 
| B | 1º | KAD Kids and animals detection | Óscar Laíño Carril David Vázquez Teira | CIFP Coroso | 374 | 3.000 € | 
| B | 2º | Luscofusco The Braille's T-Shirt | Iria García Viñas Thalia Diego Martínez | IES Montecelo | 339 | 2.000 € | 
| B | 3º | G&R Dos mundos. Un futuro | Getiza Bermeu Camargo Juan José Rey Angueira | CIFP Valentín Paz Andrade | 306 | 1.000 € | 

 
					
