Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 7 de novembro de 2019, do Servizo de Mobilidade Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-01606-O-2019 e dous máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador LU-01606-O-2019 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 7 de novembro de 2019

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción proposta

LU-01606-O-2019

9371-KSV

53168138G

Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

16.9.2019; 21.20; N-634; 639,7

Art. 141.2 LOTT
Art. 198.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT
Art. 201.f) ROTT

801 euros

LU-01630-I-2019

3464-FBL

10031145V

Exceso de peso superior ao 5 %.

4.9.2019 11.59; N-120; 498,100

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-01711-O-2019

1395-DKC

34309584R

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

15.10.2019; 15.15; AG-64; 55,9

Art. 199.9 ROTT
Art. 142.8 LOTT

Art. 201.b) ROTT
Art. 143.1 LOTT

201 euros