Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50803

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (797/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vigo o 2 de xullo de 2019.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade co número 797/2018, promovidos por Josefa Núñez Arias, representada polo procurador Sr. Estévez Cernadas e asistida polo letrado Sr. Pérez Álvarez, contra Decoraciones Santi, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Resolución

Estimando integramente a demanda promovida pola representación de Josefa Núñez Arias contra Decoraciones Santi, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 4.304,58 euros máis xuros legais desde o requirimento extraxudicial efectuado en data do 26 de xuño de 2018, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes».

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Decoraciones Santi, S.L., esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 18 de setembro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza