Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 50983

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2019 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Educación Física e Deportiva a Rafael Martín Acero.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 9 de agosto de 2019 (BOE do 22 de agosto), para a provisión da praza número 19/043 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Educación Física e Deportiva, Departamento de Educación Física e Deportiva desta universidade, a favor de Rafael Martín Acero, con DNI núm. ***1305**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Rafael Martín Acero catedrático de universidade da área de coñecemento de Educación Física e Deportiva, Departamento de Educación Física e Deportiva desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 15 de novembro de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña