Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 50984

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO de notificación de sentenza (150/2016).

Procedemento: xuízo verbal 150/2016.

Demandante: Carlos Loureiro Rodríguez.

Procuradora: Raquel Puente Fernández.

Avogado: Arturo Rafael Vede Calvelo.

Demandados: Juan Durán López, comunidade hereditaria José Durán López.

Edicto.

No procedemento de referencia foi dictada a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza, vinte e seis de abril de dous mil dezasete.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller, da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal seguidos co número 150/2016 por instancia da procuradora dos tribunais señora Puente Fernández, en nome e representación de Carlos Loureiro Rodríguez, asistido polo letrado señor Vede Calvelo, contra Juan Durán López e a comunidade hereditaria de José Durán López, declarados ambos en situación de rebeldía procesual.

Parte dispositiva:

Debo desestimar e desestimo integramente a demanda presentada pola procuradora dos tribunais señora Puente Fernández, en nome e representación de Carlos Loureiro Rodríguez, contra Juan Durán López e a comunidade hereditaria de José Durán López, declarados ambos en situación de rebeldía procesual, e, en consecuencia absolvo a Juan Durán López e a comunidade hereditaria de José Durán López, de todos os pedimentos dirixidos contra eles.

Debo condenar e condeno o actor ao pagamento das custas devindicadas.

Incorpórese a orixinal ao libro de sentenzas, con dedución de testemuño que se unirá ás presentes actuacións.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución é susceptible de recurso de apelación en ambos os efectos ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo dos vinte días seguintes contados desde a súa notificación. Para a interposición do recurso, deberá acreditarse, no momento de prepararse o recurso, a consignación do depósito legalmente previsto, na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, así como o cumprimento do resto dos requisitos legalmente exixidos, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo, mandoo e asinoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Durán López expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 23 de outubro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza