Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51179

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 26 de novembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG638A).

BDNS (Identif.): 470018.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase ata o 30 de decembro de 2019 o prazo de presentación de solicitudes de axuda previsto no punto segundo logo do «RESOLVO:» da Resolución do 2 de agosto de 2019 (DOG nº 154, do 14 de agosto).

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica