Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51400

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertido un erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 48120, onde di:

«II.2.2. Permanencia na categoría.

Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrompidos na categoría 020 do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia: 2 puntos»,

Debe dicir:

«II.2.2. Permanencia na categoría.

Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrompidos na categoría 020 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia: 2 puntos».