Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51399

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertido un erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 48176, onde di:

«II.2.2. Permanencia na categoría.

Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrompidos na categoría 017 do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia: 2 puntos»,

Debe dicir:

«II.2.2. Permanencia na categoría.

Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrompidos na categoría 017 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia: 2 puntos».