Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51627

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente 1907/2019 de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcela/s de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos que non se lles puido efectuar a notificación.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse practicar a notificación ao ser descoñecido o propietario, faise pública a resolución de orde de execución para xestión da biomasa vexetal, que esta Alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Faise advertencia de que, en caso de incumprimento da presente orde de execución, e de acordo co establecido no parágrafo 4 do artigo 136 da Lei 2/2016, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acuerdo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Nº expte

Asunto

Propietario

Ref. catastral-Situación da parcela

1907/2019

Xestión da biomasa vexetal e retirada das especies arbóreas prohibidas

NIF nº 35404856J

36005A203100470000MR sita en Calcote-Godos

Recursos: contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguiente á recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguiente á recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non podrá interponer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se teña producido a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal, podendo entón os interesados interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte de aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei de xurisdicción contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 22 de novembro de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente