No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 254, do 26 de novembro de 2019, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a dous postos de operarios de limpeza con carácter interino.
De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.
Ribadeo, 12 de novembro de 2019
Fernando Suárez Barcia
Alcalde