Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51766

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de anuncio de interposición de recurso contencioso-administrativo contra o acordo do Pleno do Concello de Vigo, do 24 de xullo de 2019, de aprobación de instrumento de medidas provisionais de ordenación.

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento ordinario número PO 4195/2019, por instancia da procuradora María Irene Cabrera Rodríguez, en nome e representación de Corbarey, S.L., contra o acordo do Pleno do concello de Vigo (Pontevedra) do 24 de xullo de 2019, sobre aprobación definitiva do instrumento de medidas provisionais de ordenación, previsto no artigo 88 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (expediente 16022/411).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 15 de outubro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 14 de novembro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza