Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51767

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO polo que se anuncia a interposición de recurso contencioso-administrativo (PO 4178/2019).

A procuradora Laura Lorenzo Arceo, en nome e representación da Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, interpuxo neste órgano xudicial recurso contencioso-administrativo (PO 4178/2019) contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre a Resolución do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se modifica a Resolución do 15 de maio de 2019 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2019/20.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 18 de outubro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 28 de novembro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza