Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51752

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2019 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala técnica de servizos desta universidade.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para a provisión de dúas prazas da escala técnica de servizos (subescala auxiliar de servizos) da Universidade da Coruña (agrupación profesional), convocadas por Resolución do 20 de agosto de 2018 (DOG do 14 de setembro).

Verificada a concorrencia nos aspirantes aprobados dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta Universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución do 12 de xaneiro de 2016,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios de carreira da escala técnica de servizos (subescala auxiliar de servizos) da Universidade da Coruña (agrupación profesional) os aspirantes aprobados pola quenda libre que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de novembro de 2019

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica de servizos (subescala auxiliar de servizos) (agrupación profesional)

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***9355**

Becerra Carril, José Ignacio

91,500

2

***8139**

López Vázquez, Ángel Manuel

90,250