De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 28 de xuño de 2019 (DOG núm. 128, do 8 de xullo) mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de tecnoloxías da información e comunicacións polo sistema de promoción interna e de acceso libre, esta reitoría en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, ordenando a súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria, Campus de Vigo) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.
Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.
Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
– Tribunal titular:
Presidencia: José Juan Pazos Arias, catedrático da Universidade de Vigo.
Vogais:
Rafael Varela Pet, técnico superior de Telecomunicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Rosa María Reinoso Justo, técnica superior de Informática da Universidade da Coruña.
Pablo Fernández Baladrón, técnico superior de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.
Secretaría: Juan Aguiar Fernández, director da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.
– Tribunal suplente:
Presidencia: Alma María Gómez Rodríguez, profesora titular da Universidade de Vigo.
Vogais:
María Olga Folgueiras Artime, técnica superior de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.
Arturo Casar Sarasola, técnico superior de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.
Gustavo Boubeta Barreiro, técnico superior de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.
Secretaría: Alejandra Vilas Rodríguez, subdirectora da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.
Vigo, 25 de novembro de 2019
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo