Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51762

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2019 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de I + D polos sistemas de promoción interna e de acceso libre.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 28 de xuño de 2019 (DOG do 8 de xullo) mediante a que se convocou un proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de I + D polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, esta reitoría en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, ordenando a súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria, Campus de Vigo) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

– Tribunal titular:

Presidencia: José Luis Villaverde Acuña, director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

María Pilar Pintor Vázquez, directora de Xestión Económico-Administrativa da OTRI da Universidade da Coruña.

Manuel Marcos García, técnico superior de Determinación Estrutural e Proteómica da Universidade de Vigo.

Eva Garea Oya, técnica superior de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo.

Secretaría: Ángeles López Lozano, directora técnica da Oficina de I+D da Universidade de Vigo.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Alberto Rodríguez Calvo, técnico da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

José Antonio Mahía Saavedra, director de Xestión Científico-Técnica da OTRI da Universidade da Coruña.

María Teresa Bernal Cortegoso, corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beatriz Olga Figueroa Revilla, profesora titular de Escola Universitaria da Universidade de Vigo.

Secretaría: Gerardo Jorge Marraud González, director da Biblioteca Universitaria da Universidade de Vigo.

Vigo, 25 de novembro de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo