De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 28 de xuño de 2019 (DOG do 8 de xullo), mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de igualdade polo sistema de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, ordenando a súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria, Campus de Vigo) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.
Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivara a exclusión ou a omisión. Quen, dentro do prazo sinalado, non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.
Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
Tribunal titular:
Presidencia: Belén Fernández Docampo, profesora titular da Universidade de Vigo.
Vogais: Nora María Martínez Yánez, profesora contratada doutora da Universidade de Vigo.
Nieves Atanes Blanco, técnica superior de Determinación Estrutural e Proteómica da Universidade de Vigo.
Coral del Río Otero, catedrática da Universidade de Vigo.
Secretaría: Andrés Dapena Paz, letrado da Universidade de Vigo.
Tribunal suplente:
Presidencia: Francisca Fernández Prol, profesora titular da Universidade de Vigo.
Vogais: Emma Rodríguez Rodríguez, profesora contratada doutora da Universidade de Vigo.
Carmen Serra Rodríguez, técnica superior de Análise de Superficies da Universidade de Vigo.
María Isabel Diéguez Castrillón, profesora contratada doutora da Universidade de Vigo
Secretaría: Alfonso Caride Losada, técnico superior de Actividades Culturais da Universidade de Vigo.
Vigo, 25 de novembro de 2019
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo