Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51758

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2019 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de orientación e promoción do emprego e emprendemento, polo sistema de acceso libre.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 28 de xuño de 2019 (DOG do 8 de xullo) mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de orientación e promoción do emprego e emprendemento, polo sistema de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, ordenando a súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (edificio Exeria, Campus de Vigo) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivara a exclusión ou a omisión. Quen, dentro do prazo sinalado, non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador que terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

• Tribunal titular.

Presidencia: Teresa Bernal Cortegoso, corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

Santiago Boquete Sanluis, titulado superior grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Carmen Serra Rodríguez, técnica superior de Análise de Superficies da Universidade de Vigo.

Emilia Seoane Pérez, técnica de Educación do Concello de Ferrol.

Secretaría: Eva Garea Oya, técnica superior de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo.

• Tribunal suplente.

Presidencia: Marta Fernández Prieto, profesora titular da Universidade de Vigo.

Vogais:

Francisca Fernández Prol, profesora titular da Universidade de Vigo.

Nieves Atanes Blanco, técnica superior de Determinación Estrutural e Proteómica da Universidade de Vigo.

María Dolores Dapía Conde, profesora titular da Universidade de Vigo.

Secretaría: Amelia Rodríguez Piña, directora técnica da Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo.

Vigo, 25 de novembro de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo