Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 51988

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, na súa redacción anterior á modificación polo Decreto 60/2019, do 23 de maio, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas iníciase anualmente o 1 de marzo e remata o 15 de xullo.

Unha vez finalizado o dito prazo, foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas.

Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, acordou elevar ao titular da dirección xeral da Función Pública as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño temporal de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe Listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 e 9.bis do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:

– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos nos artigos 9.b) e 9.bis.a).1 do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

• Servizos centrais:

Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

• Servizos periféricos:

Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.

– Certificación de servizos prestados nas demais entidades públicas instrumentais do sector público autonómico na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo V da presente resolución e deberá ser asinada polo/a órgano da entidade equivalente ao/á secretario/a xeral técnico/a con competencia en materia de persoal.

No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluída non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas solicitantes provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006.

O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe Listas de contratación.

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes, e daráselles publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

A1

2064

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía

A1

2069

Escala de ciencias. Especialidade de química

A1

206K

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A1

206L

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A1

2072

Escala de arqueólogos

A1

2080

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de telecomunicación

A1

2083

Escala superior de estatísticos

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo

A1

2093-06

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala de inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A2

206X

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

A2

2073

Escala de arquitectos técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

A2

2085

Escala técnica de estatísticos

A2

2094-02

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir)

C1

2081

Escala de delineantes (a extinguir)

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

2055

Agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

ANEXO II

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI. Médico/a adxunto/a. Médico/a

I

004

Titulado/a superior

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a

I

014

Titulado/a superior sociólogo/a

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a

I

023

Documentalista

I

027

Coordinador/a de actividades externas

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional

I

032

Técnico/a superior en centros de arte

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva

II

002

ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

006

Educador/a. Profesor/a especial

II

007

Titulados/as grao medio

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

011

Fisioterapeuta

II

017

Asistente/a social

II

020

Terapeuta ocupacional

II

021

Monitor/a ocupacional

II

031

Restaurador/a

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional

II

038

Perito/a-xudicial diplomado/a

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG

III

003

Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a

III

004

Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro. roupeiro, ferro de pasar

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

012

Mestre/a de taller

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

036

Experto/a audiovisuais

III

037

Técnico/a de son

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a

III

064

Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III

065

Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª

III

069

Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira

III

078

Subgobernante/a

III

080

Capataz de establecemento

III

090

Animador/a sociocultural

III

091

Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores)

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

III

104

Intérprete de linguaxe de signos

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

003

Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermaría. Coidador/a xeriátrico. Coidador/a

IV

004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV

005

Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

017

Almaceneiro/a. Despenseiro/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

IV

024

Xastre/a

IV

028

Auxiliar produción-dirección

IV

030

Auxiliar formación ocupacional

IV

031

Legoeiro/a

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

001

Camareiro/a-limpador/a. Axudante cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro/a. Lavandeiro/a

V

003-01

Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

003-02

Resolución do 26.6.2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

V

10F

Peón/oa forestal

V

011

Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servizos xerais

V

012

Peón/oa. Laborante. Varredor/a. Mozo/a servizos. Mozo/a laboratorio. Mozo/a. Pastor/a. Xardineiro/a. Mozo/a transportes. Peón/oa xardineiro/a/ EFU. Mozo/a mantemento. Mozo/a subalterno

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de Prevención
e Defensa contra Incendios Forestais

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais

III

100

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV

032

Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV

033

Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

IV

037

Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

V

014

Bombeiro/a forestal

V

14A

Bombeiro/a forestal condutor/a

ANEXO III

Certificación de servizos prestados

(Resolución do ..........., DOG núm. ..., do ... de ... de 201...)

Dª/D ................................................................................................................................................................................................

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo .............................................................................................................................................................................................

CERTIFICA:

Que, segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da cal se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don .............................................................................................

con DNI núm. ........................................ prestou servizos no grupo, categoría, corpo, escala e/ou especialidade e nos períodos e consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e/ou entidades (artigos 9.b) e 9.bis.a).1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo) que a seguir se indican:

Grupo/categoría

(código)

Corpo/escala

(código)

Denominación do posto

Consellería ou entidade da Xunta de Galicia

Código do posto de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana
(si/non)*

Data inicio

Data
fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino esta certificación en ..., ... de ... de 201...

(Sinatura)

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2018.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

ANEXO IV

Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios
da Comunidade Autónoma de Galicia

(Resolución do ..........., DOG núm. ..., do ... de ... de 201...)

Dª/D ................................................................................................................................................................................................

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

secretario/a do Concello de ..............................................................................................................................................................

CERTIFICA:

Que, segundo os antecedentes que constan neste concello ou mancomunidade de municipios dona/don ............................................................................................. con DNI núm. ........................................ prestou servizos neste concello ou mancomunidade de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia, no grupo e categoría e nos períodos que a seguir se indican:

Grupo/categoría

(código)

Denominación do posto

Concello ou mancomunidade de municipios

Código do posto
de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana
(si/non)*

Data

inicio

Data
fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino esta certificación en ..., ... de ... de 201...

Visto e prace

O/a alcalde/alcaldesa

(Sinatura)

O/a secretario/a

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2018.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

– Unicamente se computarán os servizos que se acrediten prestados na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

ANEXO V

Certificación de servizos prestados en entidades instrumentais do sector público autonómico do artigo 9.bis.a).2
do Decreto 37/2006, do 2 de marzo

(Resolución do ..........., DOG núm. ..., do ... de ... de 201...)

Dª/D ................................................................................................................................................................................................

(Nome da persoa responsable que certifica)

Cargo .............................................................................................................................................................................................

CERTIFICA:

Que, segundo os antecedentes que constan nesta entidade, dona/don ....................................................................................

con DNI núm. ........................................ prestou servizos nesta entidade no grupo e categoría e nos períodos que a seguir se indican:

Grupo/categoría

(código)

Denominación do posto

Entidade pública

Código do posto
de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana
(si/non)*

Data

inicio

Data
fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino esta certificación en ..., ... de ... de 201...

(Sinatura)

O/a titular do órgano que asina

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2018.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

– Unicamente se computarán os servizos que se acrediten prestados na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.