Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 51984

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais.

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, acórdase o peche e apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais (DOG núm. 54, do 18 de marzo).

O nomeamento de persoal funcionario interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral figura regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

O período para a presentación de solicitudes estivo aberto desde o 19 de marzo ata o 30 de abril de 2019, ambos inclusive.

Unha vez rematado o dito prazo foron examinadas as solicitudes presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas.

Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, acordou elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral do grupo IV, categoría 43 (xerocultor/a) e categoría 44 (persoal de servizos xerais).

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe Listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións achegarase, de ser o caso:

– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos no artigo 9.b) do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

• Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

• Servizos periféricos: xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

No suposto de que algún dos solicitantes provisionalmente excluídos non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión quedará definitivamente excluído.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 37/2006.

O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe Listas de contratación.

Quinto. Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e daráselles publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Certificación de servizos prestados

(Resolución do ..........., DOG núm. ..., do ... de ... de 201...)

Dª/D ................................................................................................................................................................................................

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo .............................................................................................................................................................................................

CERTIFICA:

Que, segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da cal se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don .............................................................................................

con DNI núm. ........................................ prestou servizos no grupo, categoría, corpo, escala e/ou especialidade e nos períodos e consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e/ou entidades (artigo 9.b) do Decreto 37/2006, do 2 de marzo) que a seguir se indican:

Grupo/categoría

(código)

Corpo/escala

(código)

Denominación do posto

Consellería ou entidade da Xunta de Galicia

Código do posto de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana
(si/non)*

Data inicio

Data
fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino esta certificación en ..., ... de ... de 201...

(Sinatura)

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2018.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.